Declaración de Situación de Emerxencia Sanitaria

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, polo que SE DECLARA A SITUACIÓN DE EMERXENCIA SANITARIA NO TERRITORIO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA E SE ACTIVA O PLAN TERRITORIAL DE EMERXENCIAS DE GALICIA (PLATERGA) no seu nivel IG (Emerxencia de Interese Galego), como consecuencia da evolución da Epidemia do Coronavirus COVID19.
DOG Nº 50-Bis. Venres, 13 de marzo de 2020.

Para o desenvolvemento do Plan poderán ditarse ordes e instrucións que afecten dereitos da cidadanía nos termos establecidos polas leis, así como adoptar medidas de obrigado cumprimento para os seus destinatarios e destinatarias, conforme o que dispoña se así o aconsellan as necesidades da emerxencia e dos bens que hai que protexer.

O Plan Territorial de Protección Civil de Galicia (Platerga) considera como medidas de protección as  accións encamiñadas a impedir  ou  diminuír os danos a persoas e bens, materiais, naturais ou culturais, que se poidan producir, ou que se producen, en calquera tipo de emerxencia.
E, entre as medidas de protección referidas á poboación, establece as seguintes:
Avisos á poboación afectada. Confinamento en lugares seguros. Evacuación e asistencia social. Seguridade cidadá. Control de accesos.

Como medida adicional ás previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de marzo de 2020 e, tendo en conta a evolución da situación, disponse a suspensión da actividade durante 14 días naturais, contados desde a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, de todos os establecementos de espectáculos públicos e actividades recreativas incluídos no anexo do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia e, nomeadamente:
– Cines, Teatros, Auditorios, Circos, Establecementos de espectáculos deportivos, Recintos feirais, Casinos, Salas de bingo, Salóns de xogo, Tendas de apostas, Estadios deportivos, Pavillóns deportivos, Recintos deportivos, Pistas de patinaxe, Ximnasios, Piscinas de competición, Piscinas recreativas de uso colectivo, Parques acuáticos, Salóns recreativos, Parques multiocio, Museos, Bibliotecas, Salas de conferencias, Salas polivalentes, Salas de concertos, Restaurantes, Salóns de banquetes, Cafetarías, Bares, Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas, Salas de festas, Discotecas, Pubs, Cafés-espectáculo, Furanchos, Centros de ocio infantil.

As sancions con respecto os incumplimentos desta normativa veñen detallados na Lei 4/2007 de Emerxencias de Galicia:
Artículo 50.-Infraccions moi graves. Constituen infraccions moi graves as conductas seguintes: g) O incumprimento das ordes ou instrucións emitidas pola autoridade de protección civil en situacións de activación dun plan ou emerxencia declarada.
Artigo 53º.-Sancións pecuniarias. 1. As infraccións moi graves sancionaranse cunha multa de 15.001 ata 600.000 euros.

A Policía Local no marco das súas competencias vixiará a aplicación desta normativa e que todolos establecementos obrigados permanezcan pechados.
LogoPL2
Para saber máis: Enlaces a lexislación completa >
Declaración de Situación de Emerxencia Sanitaria
Lei 5/2007 de Emerxencias de Galicia
Plan Territorial de Emerxencias de Galicia  –  Anexos Platerga